Domingo 6 de marzo 2016

Axenda

"Henry Moore. Arte na rúa", exposición escultórica ao aire libre na praza do Obradoiro

Henry Moore (1898-1986) é un dos grandes mestres da escultura moderna. Nas décadas que seguiron á Segunda Guerra Mundial acadou sona en todos os sitios polos bronces monumentais expostos en espazos exteriores, cívicos e públicos de todo o mundo, de Escocia á beira do Mar Vermello, da escola secundaria da vila onde naceu, Castelford, en Inglaterra, á sede de Nacións Unidas en Nova York. A mostra está organizada pola Fundación "la Caixa" en colaboración con The Henry Moore Foundation.

Do 21 de xaneiro ao 28 de marzo, na praza do Obradoiro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"José Suárez. Uns ollos vivos que pensan", mostra fotográfica no Museo Centro Gaiás

O Museo Centro Gaiás acolle ata marzo de 2016 a mostra José Suárez. Un ollos vivos que pensan, a maior exposición realizada ata o de agora sobre un dos grandes nomes da fotografía do século XX, amosando todas as súas series, así como obxectos persoais e documentos da época.

Ata o 27 de marzo, no Museo Centro Gaiás.

Axenda

Concerto para saxo barítono, pola Banda Municipal de Música

Un domingo máis, a Banda Municipal de Música de Santiago deleitará aos composteláns e visitantes cun concerto que nesta ocasión contará coa participación do saxofón barítono solista Jorge García, todos eles dirixidos polo mestre invitado Manuel Mondéjar Criado.

O domingo 6 de marzo, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Intervención de Neves Seara na Zona "C" de Bonaval

A Zona "C", espazo de intervención, abre, coa intervención da artista Neves Seara, unha nova etapa resultado da Convocatoria 2016 Zona "C" Artes Visuais, dirixida a proxectos de intervención artística, proxectos de comisariado e comunicación gráfica. A intervención leva por título 73 líneas de horizonte (segunda carta a mi padre).

Do 10 de febreiro ao 27 de marzo, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Ximela: "A ruta do sal. Camiño de ilusión e tradición"

O grupo Ximiela protagoniza o espectáculo A ruta do sal, que conta a historia dos emprendedores cataláns que a mediados do século XIX emigraron a Galicia e impulsaron a industria conserveira en lugares como Louro (Muros). Máis de 60 músicos, bailadores e pandereteiros revivirán sobre o escenario a historia dese camiño vital.

O domingo 6 de marzo, ás 19:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Real Filharmonía de Galicia. 20 anos contigo", dobre mostra na Casa do Cabido e no Auditorio de Galicia

Baixo o título Real Filharmonía de Galicia. 20 anos contigo, o Consorcio de Santiago, organismo que xestiona a RFG, promove dúas exposicións conmemorativas dos vinte anos de traxectoria da orquestra, unha na Casa do Cabido e outra no Auditorio de Galicia.

A exposición da Casa do Cabido divídese en cinco escenarios diferentes. Na entreplanta proxéctanse vídeos antigos da Real Filharmonía de Galicia, ao tempo que se escoita a música do CD que se editou en 2006 con motivo do 10º aniversario da orquestra. Hai un espazo habilitado con sillas para os que desexen gozar da música de xeito repousado.

Outro dos espazos está dedicado aos primeiros concertos da RFG e nel recóllense fotografías históricas da orquestra, que pertencen ao Arquivo do Auditorio de Galicia. Noutro destácanse instantáneas dos escenarios máis importantes nos que actuou, entre eles o Teatro Nacional, o Palau de la Música Catalana, o Palacio Euskalduna de Bilbao, a Praza da Quintana ou a Cidade da Cultura, entre outros.

As salas superiores están centradas na orquestra na actualidade, a través de dúas reportaxes fotográficas, unha do fotógrafo Xaime Cortizo e outra do músico Luís Soto, frautista da RFG dende a súa creación, moi afeccionado á fotografía e que ten ilustrado os grandes momentos da orquestra. A reportaxe de Soto aporta a nota máis "moderna" á exposición, cunha selección dos milleiros de instantáneas que ten da RFG. Ademais, pode verse o primeiro traxe que vestían as compoñentes femininas da orquestra fai vinte anos.

No Auditorio de Galicia exhíbense preto de 20 fotografías de Luís Soto a gran tamaño. Estas imaxes reflicten a época máis actual da agrupación.

A exposición da Casa do Cabido poderá percorrerse ata mediados de abril, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns o museo permanece pechado. Pola súa parte, a mostra do Auditorio de Galicia pode visitarse ata o final da temporada da orquestra, no mes de xuño, de luns a domingo, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: