Viernes 28 de octubre 2016

Axenda

"Semente, 15 anos apoiando a arte emerxente"

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nunha exposición as nove edicións do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Do 11 de outubro ao 26 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición de instantáneas en 3D "Compostela, a Terceira Dimensión" na Casa do Cabido

Baixo o título Compostela, a Terceira Dimensión, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de instantáneas en 3D da cidade de Santiago do estereógrafo coruñés Enrique Criado. Esta mostra reúne un total de 35 imaxes representativas do casco histórico compostelán, en particular da Catedral -como final do Camiño- e da súa contorna.

Ata finais de novembro, na Casa do Cabido.

Axenda

Exposición: "Historia do comercio compostelán"

Exposición organizada polo Concello de Santiago sobre o comercio da cidade e os seus establecementos máis emblemáticos.

Ata o 4 de decembro, no Centro Abanca Obra Social.

Axenda

Mostras na Fundación Granell

A Fundacion Eugenio Granell acolle varias exposicións. Unha delas é a titulada Instinto de conservación, unha mostra de carácter didáctico que pretende facer fincapé no concepto de conservación preventiva da man de imaxes da obra de Eugenio Granell e as súas coleccións, arroupado por este espazo envolvente que invita á reflexión. Outras dúas mostras temporais son Eugenio Granell, o encanto de todas as mulleres e Amparo Segarra. Diario fragmentado 2016.

Ata o mes de decembro, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Afirmo que todo funcionará", proxecto expositivo de Jacobo Bugarín, na Zona C

Aquilo que se ve e aquilo que se oculta. Existe un intento de comunicación, unha imposibilidade tamén, que vertebra o proxecto expositivo que propón Jacobo Bugarín para o espazo da Zona C.

Do 14 de outubro ao 20 de novembro, na Zona C.

Axenda

Programación infantil con Apego

O Concello de Santiago unifica toda a súa programación infantil, utilizando o idioma como elemento de conexión.

Durante o outono, en varios espazos da cidade.

Axenda

Liñas Paralelas: Relato curto e música en vivo no CSC de Santa Marta

Liñas Paralelas é un ciclo que xunta relato breve e música en vivo. As sesións, conducidas polo escritor, actor e músico Pepe Sendón, consistien nunha escolma monográfica de relatos coidadosamente seleccionados, moitos deles traducidos ao galego por vez primeira. En cada xornada faise unha escolla de relatos a partir dun tema determinado, para dar unha mostra das diferentes maneiras de contar. Os relatos van acompañados pola música en directo de Suso Alonso, Alfonso Calvo, Marcos Teira, Nenoescuro e Narf.

Calendario de sesións:
- Relatos imposibles: 7 de outubro, ás 20:00 horas, no CSC de Santa Marta.
- Crimes imperfectos: 14 de outubro, ás 20:00 horas, no CSC de Santa Marta.
- Terapias de parella: 21 de outubro, ás 20:00 horas, no CSC de Santa Marta.
- Sucesos atroces: 28 de outubro, ás 20:00 horas, no CSC de Santa Marta.
- Asuntos de defuntos: 29 de outubro, ás 20:30 horas, no CSC de Conxo.
- Crónicas de Siria: 11 de novembro, ás 20:00 horas, no CSC de Santa Marta.
- Contos macabros: 19 de novembro, ás 20:30 horas, no CSC de Conxo.
- Instintos animais: 25 de novembro, ás 20:00 horas, no CSC de Santa Marta.

Axenda

"Hamlet", de William Shakespeare

Miguel del Arco adapta e dirixe Hamlet, de William Shakespeare, no ano no que se fan 400 da morte do escritor inglés. Trátase dunha coprodución da Compañía Nacional de Teatro Clásico e Kamikaze Producciones, protagonizada por Israel Elejalde, Ángela Cremonte, Daniel Freire ou Ana Wagener, entre outros.

O venres 28 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Taller Atlántico Contemporáneo

A Capela Rothko é un templo ecuménico construído en Houston polo arquitecto Philip Johnson que alberga os últimos lenzos de Mark Rothko. Figura transcendental do expresionismo abstracto, Rothko atopou un alter ego musical en Morton Feldman. Ambos prestan unha grande atención á materia prima das súas respectivas disciplinas, a cor e o son. O interese de Feldman polo son en si mesmo, sen artificios, dá lugar a unha obra absolutamente hipnótica e fascinante, características que se verán potenciadas pola extraordinaria acústica da igrexa de San Domingos de Bonaval.

O venres 28 de outubro, ás 20:30 horas, na igrexa de San Domingos de Bonaval.

Compartir: