Miércoles 12 de octubre 2016

Axenda

"Semente, 15 anos apoiando a arte emerxente"

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nunha exposición as nove edicións do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Do 11 de outubro ao 26 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición de instantáneas en 3D "Compostela, a Terceira Dimensión" na Casa do Cabido

Baixo o título Compostela, a Terceira Dimensión, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de instantáneas en 3D da cidade de Santiago do estereógrafo coruñés Enrique Criado. Esta mostra reúne un total de 35 imaxes representativas do casco histórico compostelán, en particular da Catedral -como final do Camiño- e da súa contorna.

Ata finais de novembro, na Casa do Cabido.

Axenda

Compostela + Solidaria, actividades de sensibilización nos centros socioculturais

O Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha Compostela+Solidaria', un programa de sensibilización que ten por obxectivo dar a coñecer a realidade dos países empobrecidos, o traballo das ONGD galegas e as alternativas solidarias e xustas que dende aquí contribúen a mudar o mundo. E como a transformación social comeza dende o local, dende os barrios, levaranse a cabo máis de 30 actividades de balde, principalmente nos centros socioculturais da cidade.

Do 17 de setembro ao 16 de outubro, nos centros socioculturais.

Axenda

Mostras na Fundación Granell

A Fundacion Eugenio Granell acolle varias exposicións. Unha delas é a titulada Instinto de conservación, unha mostra de carácter didáctico que pretende facer fincapé no concepto de conservación preventiva da man de imaxes da obra de Eugenio Granell e as súas coleccións, arroupado por este espazo envolvente que invita á reflexión. Outras dúas mostras temporais son Eugenio Granell, o encanto de todas as mulleres e Amparo Segarra. Diario fragmentado 2016.

Ata o mes de decembro, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"El pájaro prodigioso", de La Maquiné, no Principal

El pájaro prodigioso é unha obra inspirada no mítico Ave Fénix, con música do coñecido compositor Igor Stravinsky. Un espectáculo que transporta ao espectador a unha viaxe iniciática arredor da procura do tesouro máis prezado, a faísca da vida. Trátase da nova produción da Maquiné, que se estreou no Teatro Arriaga de Bilbao o pasado ano e é finalista a mellor espectáculo infantil nos XIX Premios Max das artes escénicas.

O mércores 12 de outubro, ás 19:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: