Miércoles 27 de enero 2016

Axenda

"Henry Moore. Arte na rúa", exposición escultórica ao aire libre na praza do Obradoiro

Henry Moore (1898-1986) é un dos grandes mestres da escultura moderna. Nas décadas que seguiron á Segunda Guerra Mundial acadou sona en todos os sitios polos bronces monumentais expostos en espazos exteriores, cívicos e públicos de todo o mundo, de Escocia á beira do Mar Vermello, da escola secundaria da vila onde naceu, Castelford, en Inglaterra, á sede de Nacións Unidas en Nova York. A mostra está organizada pola Fundación "la Caixa" en colaboración con The Henry Moore Foundation.

Do 21 de xaneiro ao 28 de marzo, na praza do Obradoiro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"José Suárez. Uns ollos vivos que pensan", mostra fotográfica no Museo Centro Gaiás

O Museo Centro Gaiás acolle ata marzo de 2016 a mostra José Suárez. Un ollos vivos que pensan, a maior exposición realizada ata o de agora sobre un dos grandes nomes da fotografía do século XX, amosando todas as súas series, así como obxectos persoais e documentos da época.

Ata o 27 de marzo, no Museo Centro Gaiás.

Axenda

Exposición de postais antigas de Santiago do coleccionista Uxío de la Riva na Casa do Cabido

Baixo o título Unha ollada ao pasado, o Consorcio de Santiago, en colaboración co Museo do Pobo Galego, exhibe unha exposición de postais antigas da cidade do coleccionista compostelán Uxío de la Riva Pol, que as deposita no Museo do Pobo Galego en 1988. No seu conxunto son máis dun milleiro de postais, das cales se seleccionaron unhas 270.

Na Casa do Cabido, ata mediados de febreiro de 2016. A mostra pode visitarse no horario habitual, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas; e os domingos de 11:00 a 14:00 horas.

Compartir: