Viernes 12 de junio 2015

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Compostela interpreta aos pioneiros da fotografía", exposición no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche

Exposición fotográfica Compostela interpreta aos pioneiros da fotografía, organizada pola Asociación Cultural Fotoforum de Compostela. Esta mostra, que xa fora inaugurada no ano 2014 na Casa do Cabido de Santiago, está conformada por 51 fotografías datadas entre 1839 e 1930, nas que 39 fotógrafos da Asociación fan unha reprodución actualizada da fotografía clásica.

Na exposición contemplarase o traballo de grandes mestres coma André Kertész, Edward Weston, Man Ray, Alfred Eisenstaedt, Ruth Matilda Anderson, Ksado, Imogren Cunnigham ou Jacques Heri Lartigue, entre outros.

A mostra intenta compartir co público este traballo de creación interna que cada fotógrafo experimentou ao longo do proceso, polo que cada unha das pezas vai acompañada dunha cartela explicativa na que se reproduce a menor tamaño a imaxe orixinal que se tomou como modelo, xunto cos datos do seu autor, datas e referencia biográfica, alén dos datos do autor da peza actual.

Do 9 ao 29 de xuño, no Centro Sociocultural do Ensanche.

Axenda

Carmen Boza

Xa pasaron cinco anos dende que as cancións de Carmen Boza comezaron a correr por YouTube en forma de pequenas pílulas nas que apenas se albiscaban as súas mans e a súa guitarra. Dende daquela, un longo percorrido até que chegou o primeiro disco financiado mediante crowfunding.

O venres 12 de xuño, ás 21:00 horas, no Salón Teatro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Concerto extraordinario alumnos da EAEM coa Real Filharmonía

O ciclo A Escola na Cidade, organizado pola Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) e o Consorcio de Santiago, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, ofrece un concerto de peche con alumnos e varios membros da Real Filharmonía de Galicia, dirixidos por Maximino Zumalave, onde os alumnos terán a oportunidade de demostrar diante do público a súa preparación e profesionalidade.

O venres 12 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio Abanca.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: