Miércoles 16 de diciembre 2015

Axenda

Nadal 2015

Un total de 218 actividades conforman o groso do programa de Nadal deste 2015, con accións na cidade, nos barrios e nas parroquias pensadas para todos os públicos.

Durante as datas de Nadal en diversos espazos.

Axenda

"José Suárez. Uns ollos vivos que pensan", mostra fotográfica no Museo Centro Gaiás

O Museo Centro Gaiás acolle ata marzo de 2016 a mostra José Suárez. Un ollos vivos que pensan, a maior exposición realizada ata o de agora sobre un dos grandes nomes da fotografía do século XX, amosando todas as súas series, así como obxectos persoais e documentos da época.

Ata o 27 de marzo, no Museo Centro Gaiás.

Axenda

Exposición de postais antigas de Santiago do coleccionista Uxío de la Riva na Casa do Cabido

Baixo o título Unha ollada ao pasado, o Consorcio de Santiago, en colaboración co Museo do Pobo Galego, exhibe unha exposición de postais antigas da cidade do coleccionista compostelán Uxío de la Riva Pol, que as deposita no Museo do Pobo Galego en 1988. No seu conxunto son máis dun milleiro de postais, das cales se seleccionaron unhas 270.

Na Casa do Cabido, ata mediados de febreiro de 2016. A mostra pode visitarse no horario habitual, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas; e os domingos de 11:00 a 14:00 horas.

Axenda

"Un novo tempo para a Catedral de Santiago", no Pazo de Xelmírez

O Pazo de Xelmírez, situado anexo á Catedral, é sede da exposición Un novo tempo para a Catedral de Santiago, ideada para difundir de xeito didáctico os traballos de restauración e recuperación que se están a desenvolver no conxunto catedralicio, en especial na fachada do Obradoiro. A mostra está organizada pola Fundación Catedral de Santiago e a Fundación Pecsa e ocupa diversos espazos de época medieval do Pazo de Xelmírez, entre eles a coñecida como Sala Manrique.

Ata o 31 de xaneiro de 2016, no Pazo de Xelmírez. O acceso á exposición realízase coa entrada do Museo Catedral de Santiago, en calquera das súas modalidades.

Axenda

"Menú do día", con Carlos Blanco e Luis Dávila, no Teatro Principal

Un experimento, un encontro, un formato novo onde dous consagrados humoristas, Luis Davila e Carlos Blanco, unen inxenios para, nun traballo estéticamente impecable, dar unha volta de torca ao monólogo humorístico para trasladalo a un directo hipnótico, onde a retranca dita e debuxada simultaneamente, obrigan ao espectador a non saber moi ben nalgún momento a onde prestar atención.

O martes 15 e o mércores 16 de decembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: