Mércores 22 de febreiro 2012

Axenda

Entroido nos centros socioculturais

Os centros e locais socioculturais ofrecen unha completa programación de Entroido para todos os públicos. Adxúntase o programa completo, coas datas e horarios.

Do 1 ao 25 de febreiro, nos locais e centros socioculturais.

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición sobre "MúsicaXove 2011" no CSCXM do Ensanche

O CSCXM do Ensanche acolle unha exposición coas mellroes imaxes do certame "MúsicaXove 2011", organizada pola Concellería de Xuventude.

Do 6 ao 29 de febreiro, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

Coloquio con Christian Zacharias

Coloquio con Christian Zacharias baixo o título De Scarlatti a Brahms, relacionado co concerto no que este acompañará ao piano á Real Filharmonía de Galicia o 23 de febreiro.

O mércores 22 de febreiro, ás 19:00 horas, na Escola de Altos Estudos Musicais.

Axenda

Enterro da sardiña no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche

O CSCXM do Ensanche celebra o fin do Entroido co seu particular enterro da sardiña.

O mércores 22, ás 19:30 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Compartir: