Ayuntamiento de Santiago de Compostela

Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Agenda
Compartir:

Agenda
Domingo 29 de septiembre 2013

Axenda

"Detenido (Al pie de la loma)", de Christian García Bello, na Zona C

Exposición Detenido (Al pie de la loma), de Christian García Bello, baseada no poemario En las orillas del Sar, de Rosalia de Castro. Comisariada por Candela Rajal, conta coa colaboración do Master de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC.

[29/09/2013 10:00] Ata o 29 de setembro, na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Máis información: Compostela Capital Cultural


Axenda

Exposición "15 contos breves e extraordinarios" no Auditorio

15 contos breves e extraordinarios. Arte contemporánea Fundación María José Jove é unha mostra coa que a Fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia e a través da cal fusionou dous dos seus ámbitos de actividade.

O proxecto xira en torno a relación e experiencia de persoas con discapacidade con pezas contemporáneas e os seus autores. Os 15 participantes interpretaron a tamaño real a obra dun artista galego.

[29/09/2013 10:00] Ata o 29 de setembro, no Auditorio de Galicia.


Axenda

XXIII Día da Bicicleta

Celébrase o XXIII Día da Bicicleta, nesta ocasion con saída no Centro Comercial As Cancelas e chegada na praza central da Cidade da Cultura. O Día da Bicicleta non é unha competición, senón unha oportunidade de pasear polas rúas de Santiago nunha xornada de lecer e convivencia.

[29/09/2013 11:40] O domingo 29 de setembro, con saída ás 10:30 horas do Centro Comercial As Cancelas.


Axenda

Festival Internacional de Títeres: Galicreques 2013

Santiago acolle a XVIII edición do Festival Internacional de Titeres, Galicreques 2013.

[29/09/2013 12:00] Do 28 de setembro ao 6 de outubro, en diversos espazos da cidade.


Axenda

Concerto dos violinistas Florian Vlashi e Daniel Vlashi

Florian Vlashi e o seu fillo Daniel interpretan obras de Bartók e Berio no Programa Didáctico dirixido a escolares. Este concerto está dirixido ás familias e é recomendado a partir de 8 anos.

[29/09/2013 17:30] O domingo 29 de setembro, ás 17:30 e 19:00 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural



Enviar | Imprimir | Arriba

© Ayuntamiento de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centralita) 981 542 357 (Alcaldía)