Sábado 23 de maio 2009

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

Compostela en danza

As alumnas e alumnos de seis centros escolares composteláns levan a escena 16 coreografías de moi diversa temática no certame intercentros Compostela en danza.

O sábado 23 de maio, ás 19:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Lucía da Fonte con Meiga do Norte no III Ciclo Revelando Voces

Meiga do Norte xorde na primeira semana do mes de decembro de 2007, das inquedanzas de dous músicos compostelans que logo de varios anos tendo en mente a idea de formar unha banda de rock, deciden materializala dando como resultado Meiga do Norte. Agora forman parte do III Ciclo Revelando Voces.

O sábado 23 de maio, ás 21:00 horas, no Centro Sociocultural de Vite.

Axenda

Miñor Swing, en directo, no CSC do Castiñeiriño

Nova entrega do Ciclo Revelando Voces, desta volta con Miñor Swing, un cuarteto de corda formado por contrabaixo, violoncello e dúas guitarras. Inspiran seu estilo no jazz manouche e francés dos anos 30 tamén denominado gypsy swing, cuxo máximo expoñente era o célebre guitarrista belga Django Reinhardt.

O sábado 23 de maio, ás 21:00 horas, no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.

Compartir: