Sábado 20 de marzo 2010

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Xogamos co inglés

Actividade para achegar os cativos e cativas á lingua inglesa a través dos xogos. Forma parte do programa "Xogamos coas linguas", impartido por voluntariado europeo.

Os sábados 6, 13, 20 e 27 de marzo, ás 11:00 e 12:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo. Inscrición previa.

Axenda

Sábados creativos en Conxo

Os sábados creativos son unha oportunidade para que os nenos e nenas desenvolvan a súa expresividade a través das artes plásticas.

Os sábados 6, 13, 20 e 27 de marzo, ás 12:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo. É necesaria a inscrición previa.

Axenda

Proxección do telefilme "Jalisco" no CSCX do Ensanche

Jalisco, codirixido por Francisco Piñeiro e Jorge Valcárcel adapta a historia real de José García Pena que tras saír de prisión por asasinar a súa familia trasládase a Canarias, onde volve contraer matrimonio.

O sábado 20 de marzo, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Compartir: