Sábado 12 de marzo 2011

Axenda

Korda: Coñecido Descoñecido

Exposición retrospectiva do fotógrafo cubano Alberto Korda, mundialmente coñecido polo seu retrato do Che Guevara.

Do 22 de decembro de 2010 ao 27 de marzo de 2011, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición de Carolina Caluori: "Give me your picture..."

Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....

Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".

Axenda

Mostra sobre o álbum ilustrado danés

A Embaixada de Dinamarca e o Instituto Danés das Artes presentan na Fundación Granell unha exposición retrospectiva sobre O album ilustrado danés.

Do 2 ao 26 de marzo, na Fundación Granell (Pazo de Bendaña).

Axenda

Xogos populares na Praza Roxa

O CSXM do Ensanche organiza, como unha actividade para os máis cativos da casa, xogos populares na Praza Roxa.

O sábado 12 de marzo, ás 12:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

Comedia co grupo teatral Os amigos de Malpica

Os grupo teatral Os amigos de Malpica trae a o Principal a comedia A muller do meu amigo engáname, de Luis Coquard. Dirixe Andrés Mourente Castro.

O sábado 12 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: