Ayuntamiento de Santiago de Compostela

Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Agenda
Compartir:

Agenda
Martes 23 de junio 2015

Axenda

"Compostela interpreta aos pioneiros da fotografía", exposición no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche

Exposición fotográfica Compostela interpreta aos pioneiros da fotografía, organizada pola Asociación Cultural Fotoforum de Compostela. Esta mostra, que xa fora inaugurada no ano 2014 na Casa do Cabido de Santiago, está conformada por 51 fotografías datadas entre 1839 e 1930, nas que 39 fotógrafos da Asociación fan unha reprodución actualizada da fotografía clásica.

Na exposición contemplarase o traballo de grandes mestres coma André Kertész, Edward Weston, Man Ray, Alfred Eisenstaedt, Ruth Matilda Anderson, Ksado, Imogren Cunnigham ou Jacques Heri Lartigue, entre outros.

A mostra intenta compartir co público este traballo de creación interna que cada fotógrafo experimentou ao longo do proceso, polo que cada unha das pezas vai acompañada dunha cartela explicativa na que se reproduce a menor tamaño a imaxe orixinal que se tomou como modelo, xunto cos datos do seu autor, datas e referencia biográfica, alén dos datos do autor da peza actual.

[23/06/2015 10:00] Do 9 ao 29 de xuño, no Centro Sociocultural do Ensanche.



Enviar | Imprimir | Arriba

© Ayuntamiento de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centralita) 981 542 357 (Alcaldía)