Deporte para todos

O Concello de Santiago de Compostela xestiona actividades deportivas de forma directa, a través do departamento de Deportes, e ocúpase igualmente da xestión das instalacións deportivas. O Concello achega subvencións e diversos tipos de axudas aos clubes e asociacións locais para fomentar as súas iniciativas e a práctica de determinadas disciplinas deportivas.

Igualmente desde o Concello Dende aténdese á evolución do sistema deportivo, tratando de obter información ao respecto e transmitirlla aos cidadáns, á vez que se impulsa a xeralización das prácticas deportivas atendendo a conceptos que considera fundamentais, tales como a función educativa do deporte, o respecto á ética e ao xogo limpo, á parte de sublinar asemade a transcendencia social e económica que ten a actividade deportiva de alta competición. Contribúese, xenericamente, á realización persoal dos afeccionados ao deporte e á súa formación integral como un obxectivo saudábel.

Servizos

Deportes



Compartir: