Centros socioculturais

A cidade dispón de máis de 40 centros socioculturais repartidos por todo o territorio municipal nos que se desenvolven actividades como exposicións, conferencias, teatro, danza e obradoiros de tempo libre. Debido á interesada deslocalización e á multiplicidade da oferta cultural prodúcese unha meirande implicación dos destinatarios no deseño da programación, que conciben como máis achegada aos seus intereses.

A programación dos centros socioculturais, que acada os 180.000 usuarios anuais, é un necesario complemento dos eventos de gran formato que se exhiben a través doutros canles. Albergan tamén unha rede de bibliotecas municipais.

Compartir: