Pasaxes e reserva de aparcamento
Descrición
Supón as solicitudes de:- Alta da pasaxe: autorización de reserva de dominio público para a entrada e saída de vehículos cando sexa necesario cruzar beirarrúas ou outros bens de dominio e uso público. Pode ser solicitada polo propietario, posuidores lexítimos dos inmobles ou promotores e contratistas, no suposto de obras.
No caso de pasaxes permanentes laborais o horario laboral establécese, con carácter xeral de 9,30 a 20,30 horas, con excepción de domingos e festivos, se ben na autorización poderá especificarse un horario diferente en caso de non poder adaptarse ao establecido. En calquera caso o horario autorizado deberá constar no correspondente sinal. - Baixa da pasaxe: petición de cese da autorización de reserva de espazo público para a entrada e saída de vehículos cando sexa necesario cruzar beirarrúas ou outros bens de dominio e uso público.
- Cambio de titularidade da pasaxe: petición do cambio de titular da autorización para a reserva de dominio público para a entrada e saída de vehículos cando sexa necesario cruzar beirarrúas ou outros bens de dominio e uso público.
- Reserva de aparcamento: uso privativo ou unha especial restrición do uso que corresponda a todos os cidadáns, ou impida o estacionamento ou parada doutros vehículos no espazo reservado.
Documentación necesaria
Ver o modelo de solicitude.Notas para o cidadán
Normativa municipal: Ordenanza reguladora de activiades, instalacións e ocupacións da vía pública do Concello de Santiago de CompostelaInformación sobre o custo
Ordenanza fiscal municipal:- Ordenanza fiscal 3.24 reguladora da taxa pola utilización privativa e aproveitamento especial do dominio público local
O primeiro pagamento efectuarase previa presentación da solicitude e para os posteriores aplicarase o establecido no artigo 94 da Ordenanza xeneral de xestión, liquidación, recaudación e inspección dos tributos e de outros ingresos de dereito público local (do 5 maio ao 5 de xullo).
Para a liquidación da taxa deberá dirixirse a Oficina Municipal de Atención ao Contribuínte sita na rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo.
Tel.: 881 599 977 / 981 542 384 // Fax: 981 542 381
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Solicítase en
Atención á CidadaníaEnderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.
Preséntase en
Rexistro XeralEnderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001 Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.
Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela
Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en
TráficoEnderezo: Pazo de Raxoi, baixo. Entrada pola rúa Costa do Cristo.
Tel.: 981 542321
Fax: 981 542338
Correo: Contactar co Concello
Horario: Atención ao público: luns, mércores e venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.