Pasaxes e reserva de aparcamento

Descrición

Supón as solicitudes de:
  • Alta da pasaxe: autorización de reserva de dominio público para a entrada e saída de vehículos cando sexa necesario cruzar beirarrúas ou outros bens de dominio e uso público. Pode ser solicitada polo propietario, posuidores lexítimos dos inmobles ou promotores e contratistas, no suposto de obras.

    No caso de pasaxes permanentes laborais o horario laboral establécese, con carácter xeral de 9,30 a 20,30 horas, con excepción de domingos e festivos, se ben na autorización poderá especificarse un horario diferente en caso de non poder adaptarse ao establecido. En calquera caso o horario autorizado deberá constar no correspondente sinal.
  • Baixa da pasaxe: petición de cese da autorización de reserva de espazo público para a entrada e saída de vehículos cando sexa necesario cruzar beirarrúas ou outros bens de dominio e uso público.
  • Cambio de titularidade da pasaxe: petición do cambio de titular da autorización para a reserva de dominio público para a entrada e saída de vehículos cando sexa necesario cruzar beirarrúas ou outros bens de dominio e uso público.
  • Reserva de aparcamento: uso privativo ou unha especial restrición do uso que corresponda a todos os cidadáns, ou impida o estacionamento ou parada doutros vehículos no espazo reservado.

Documentación necesaria

Ver o modelo de solicitude.

Notas para o cidadán

Normativa municipal: Ordenanza reguladora de activiades, instalacións e ocupacións da vía pública do Concello de Santiago de Compostela

Información sobre o custo

Ordenanza fiscal municipal:
- Ordenanza fiscal 3.24 reguladora da taxa pola utilización privativa e aproveitamento especial do dominio público local

O primeiro pagamento efectuarase previa presentación da solicitude e para os posteriores aplicarase o establecido no artigo 94 da Ordenanza xeneral de xestión, liquidación, recaudación e inspección dos tributos e de outros ingresos de dereito público local (do 5 maio ao 5 de xullo).
Para a liquidación da taxa deberá dirixirse a Oficina Municipal de Atención ao Contribuínte sita na rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo.
Tel.: 881 599 977 / 981 542 384 // Fax: 981 542 381
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Solicítase en

Atención á Cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.

A atención prestarase prioritariamente a traves dos canais:
- Telefónico: 981542300 - 981543128
- Correo electrónico: informacion@santiagodecompostela.gal
- No caso de requerir atención presencial farase exclusivamente mediante previa cita. A cita pode solicitarse a través dos teléfonos 981542300 - 981543128 e do correo citaoac@santiagodecompostela.gal

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.

Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Formas de presentación de documentación:

1. Suxerímoslle que utilice o rexistro electrónico do Estado que permite presentar documentos para a súa transmisión electrónica a outras administracións públicas (comunidades autónomas, entidades locais etc.) integradas no sistema de interconexión de rexistros:
https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do

2. Se non lle é posible presentar a documentación a través da canle indicada no apartado 1, pode contactar telefónicamente co Rexistro do Concello de Santiago de Compostela, que lle atenderá con cita previa.
Teléfono para solicitar cita previa no Rexistro Xeral : 981 543 122

Tramítase en

Tráfico
Enderezo: Pazo de Raxoi, baixo. Entrada pola rúa Costa do Cristo.
Tel.: 981 542321
Fax: 981 542338
Correo: Contactar co Concello

A atención presencial prestarase con cita previa nas dependencias de tráfico (Servizo de Mobilidade e Seguridade)
A cita solicitarse por correo citapreviatrafico@santiagodecompostela.gal e confirmarase polo mesmo medio.
Os días con citas presenciais serán os luns, mércores e venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Os técnicos do servizo, polo de agora, soamente informarán por correo electrónico.

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: