Medidas e recursos municipais para situacións de vulnerabilidade ou exclusión social

Descrición

O Concello de Santiago de Compostela, pon a disposición dos cidadáns unha serie de medidas e recursos municipais orientados a mellorar as condicións de vida das persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, mediante o diagnóstico social da súa situación, a orientación cara os servizos e prestacións mais idóneos e, o desenvolvemento de prestacións, recursos e proxectos destinados a este fin .

Forman parte do programa, o seguinte catálogo de prestacións e medidas:
- A renda de solidariedade activa
- As axudas para afrontar situacións de risco social
- As axudas para a prevención e a inserción social

Como instrumento técnico, forma parte deste programa o itinerario de inclusión activa.

Enténdese por itinerario de inclusión activa, o constituído por un conxunto coordinado e programado de accións que, terá como obxectivo, a mellora da integración persoal, familiar e social, así como, se é o caso, a incorporación das persoas beneficiarias ao sistema laboral.
Por cada unidade familiar de convivencia independente deberá elaborarse polo menos un itinerario de inclusión activa.

Solicítase en

Puntos de Atención de Servizos Sociais do Concello – PASS
Cita Previa: 981 542 465
Correo: ssociais@santiagodecompostela.gal


Compartir: