Programa de vivenda

Descrición

Tratase dun servizo socioeducativo de prevención e apoio personalizado, dirixido a unidades familiares en situación de risco de exclusión social; que se configura como unha medida de marcado carácter social, cunha dobre finalidade:

- Facilitar o acceso a unha vivenda aos sectores de poboación que se atopa en situación de vulnerabilidade social.
- Promover o mantemento da vivenda en óptimas condicións de habitabilidade.

Solicítase en

Puntos de Atención de Servizos Sociais do Concello – PASS
Cita Previa: 981 542 465
Correo: ssociais@santiagodecompostela.gal


Compartir: