Programa local de inclusión social

Descrición

O Programa Local de Inclusión Social pretende incidir, a nivel individual e grupal para reforzar e fortalecer todos aqueles aspectos que poidan axudar a mellorar a empregabilidade das persoas que acceden a este servizo. Articulase sobre a elaboración de itinerarios integrais de inserción sociolaboral que, tomando como punto de partida a corresponsabilidade dos beneficiarios, contemple o desenvolvemento de estratexias individuais no seu proceso de incorporación ao mercado laboral.

O programa está estructurado en tres eixes principais:
1) información, orientación;
2) formación prelaboral e derivación cara unha formación laboral adecuada e
3) mediación para o acceso ao mercado de traballo.

O obxectivo principal do programa é a promoción da inserción social e laboral das persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión, mediante o desenvolvemento de procesos individualizados e integrais de inserción, desde unha perspectiva ligada ás potencialidades do territorio e ao seu tecido social e produtivo

O Programa Local de Inclusión Social está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, obxectivo temático de promoción da igualdade, a saúde e a inclusión social, para promover a inserción social e laboral das persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión, acadando una maior visibilización do colectivo a través da súa participación na vida comunitaria, que repercuta no incremento da súa inserción social e laboral.

Solicítase en

Puntos de Atención de Servizos Sociais do Concello – PASS
Cita Previa: 981 542 465
Correo: ssociais@santiagodecompostela.gal


Compartir: