Convocatoria de subvencións á rehabilitación edilicia do 19 de outubro de 2018 nas Áreas de Rehabilitación Integral do Concello

Descrición

Por acordo de Xunta de Goberno Local de data 14 de setembro de 2018 convócanse subvencións para a rehabilitación de edificios no ámbito do ARRU do barrio de Vite, barrio de Vista Alegre, do Casco Histórico e do grupo de viviendas "Compostela e Cardeal Quiroga Palacios" do barrio de Pontepedriña de Santiago de Compostela.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación que se especifica nesta convocatoria foi de 1 mes contado a partir do día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP da Coruña de 19/10/2018).

Solicítase en

Atención á Cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Rehabilitación e Vivenda
Enderezo: Praza de Cervantes n. 5-2º
Tel.: 981 54 24 37
Tel. tramitación de subvencións: 981 542 419

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: