C. Axudas complementarias aos plans de vivenda

Descrición

A presente convocatoria de subvencións ten por obxecto o inicio do procedemento de concesión de axudas á rehabilitación complementarias das concedidas ao abeiro dos convenios en vigor en desenvolvemento dos plans estatais de vivenda nas áreas de rehabilitación integral declaradas no termo municipal de Santiago de Compostela.

A súa finalidade é incrementar as axudas recibidas en desenvolvemento do Plan de Vivenda en función das circunstancias subxectivas da persoa beneficiaria, polo que en ningún caso se concederán de xeito exclusivo nin fóra dos ámbitos declarados a tal efecto.

Dirixido a

Poderán ser beneficiarias as persoas físicas propietarias de vivendas que sexan beneficiarias das axudas á rehabilitación convocadas ao abeiro dos convenios en vigor en desenvolvemento dos Plans Estatais de Vivenda, que reúnan, conxuntamente coa unidade familiar ou de convivencia da que formen parte se é o caso, os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Notas para o cidadán

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación que se especifica nesta convocatoria iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP, e rematará o día 30 de setembro de 2019.

Solicítase en

Atención á Cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Horario: Atención presencial: de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas.

A atención presencial no Rexistro Xeral realizarase sen cita previa e unicamente será necesario solicitar número ou quenda na máquina dispensadora de citas.
Os cidadáns poderán obter o seu número ou quenda das 09:00 ás 13:30 horas.
Cada quenda permitirá realizar un máximo de dous trámites. No caso de ter que facer máis de dous trámites, os interesados poderán obter os números que precisen.
Rexistro electrónico do Concello de Santiago en sede.santiagodecompostela.gal
Tamén pode presentar calquera documentación ou solicitude dirixida ao Concello de Santiago a traves da Red SARA

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita na rúa do Presidente Salvador Allende, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A documentación relacionada co departamento de Atención ao Contribuínte só será recollida nese departamento.

O Rexistro Xeral NON recolle a documentación que se deba de presentar na oficina de Atención ao Contribuínte.

Para axilizar a tramitación de solicitudes relativas a temas urbanísticos e tributarios prégase a súa presentación nos rexistros auxiliares específicos.

Segundo o disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas:
En todo caso, estarán obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo, polo menos, os seguintes suxeitos:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica.

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

e) Os empregados das Administracións Públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado público, na forma en que se determine regulamentariamente por cada Administración.

Tramítase en

Rehabilitación e Vivenda
Enderezo: Casas Reais,8-2º andar. Casa Elisa e Ximena
Tel.: 981 54 24 37

Documentación

Formularios



Compartir: