Consulta telemática con outras AAPP-Autorización

Descrición

Autorización ao Concello de Santiago de Compostela para a consulta telemática con outras administracións públicas de datos relacionados coa tramitación de expedientes relacionados con axudas para a rehabilitación, rexeneración e renovación urbana.

Dirixido a

Á cidadanía que solicite axudas para vivendas ou outros programas da Oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación e non desexe achegar a documentación que poida ser obxecto de consulta noutras administracións públicas.

Notas para o cidadán

É un documento complementario dunha solicitude para a Oficina de Casco Histórico e Rehabilitación.
A base legal é o artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas que establece que os interesados non están obrigados a presentar documentos elaborados polas administracións públicas se dan o seu consentemento para a consulta.

Solicítase en

Atención á Cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

O Rexistro Auxiliar do Ensanche permanecerá pechado dende o día 19 de agosto de 2019 ata o día 6 de setembro de 2019, ámbolos dous incluidos.
Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Rehabilitación e Vivenda
Enderezo: Praza de Cervantes n. 5-2º
Tel.: 981 54 24 37
Tel. tramitación de subvencións: 981 542 419

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: