Solicitude de tarxeta de armas de 4ª categoría
Descrición
A obtención da tarxeta de armas de 4ª categoría prevista no artigo 96 do Regulamento de armas:- Carabinas e pistolas, de tiro semiautomático e de repetición; e revólveres de dobre acción, accionadas por aire ou outro gas comprimido non asimiladas a escopetas.
- Carabinas e pistolas, de ánima lisa ou raiada, e de un solo tiro, e revólveres de acción simple, accionadas por aire ou outro gas comprimido non asimiladas a escopetas.
Dirixido a
Á cidadanía que desexe levar e usar armas de 4ª categoría (RD 137/93, de 29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de armas).Requirimentos
• Estar empadroado no Concello de Santiago de Compostela.• Ser maior de 14 anos. O menor que obteña a tarxeta non poderá utilizar a arma se non se atopa acompañado da persoa que ostente a patria potestade ou tutela.
• O interesado deberá presentar na Policía Local a arma para a que solicita a tarxeta a efectos de proceder a súa verificación (modelo, número de serie, calibre e demais características).
Información sobre o custo
Pode liquidar e pagar a través da Carpeta Cidadá ou na Oficina de Atención ao Contribuínte: Rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo. Tel.: 881 599 977 / 981 542 384 // Fax: 981 542 381O pagamento efecturase nas entidades bancarias autorizadas (figuran no documento de liquidación) ou no sitio Pago en Liña desta páxina web.
Ordenanza fiscal municipal:
Ordenanza fiscal 3.07 reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos (artigo 6.A, apartado 6.02)
Solicítase en
Atención á CidadaníaEnderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.
Preséntase en
Debe presentarse o arma na Policía Local e, posteriormente, a solicitude no Rexistro Xeral.Antes da presentación da solicitude deberá pagar os tributos municipais.
Tramítase en
Policía MunicipalEnderezo: Pazo de Raxoi, entrada pola Costa do Cristo.
Tel.: 981 542 323. Obxectos perdidos: 981 543 027. Emerxencias: 092
Fax: 981 575685
Correo: Contactar co Concello
Web: http://policialocal.santiagodecompostela.gal
Horario: Todos os días as 24 horas.