Cooperación social

Descrición

1.- Convenios de colaboración con entidades de iniciativa social
O Concello de Santiago de Compostela en defensa dos dereitos e promoción dos intereses sociais, vén promovendo ás condicións para que a liberdade e a igualdade dos individuos sexan reais e efectivas, así como a remoción dos obstáculos que impiden ou dificulten a súa plenitude, facilitando a participación de toda a cidadanía na vida política, económica, cultural e social.

Así mesmo, apoia o desenvolvemento de actuacións solidarias por entidades de iniciativa social, sempre que se axusten aos requisitos de autorización, calidade e complementariedade, para o fomento da cooperación e solidariedade social, que facilite a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulse o asociacionismo solidario e, en especial, a organización e coordinación do voluntariado social.

Así, no marco da xestión dos seus intereses e no ámbito das súa competencias, de acordo coa lexislación vixente, coa aprobación dos Orzamentos Xerais e a través das súa bases de execución, desenvolve programas e promove a estabilidade de servizos, mediante a concesión de subvencións nominativas a entidades que traballan para a inclusión social, conforme ao principio de coordinación coa iniciativa privada concertada e as organizacións sen animo de lucro do territorio. Dita colaboración concretase na sinatura de convenios de colaboración con estas entidades.

Dentro da tipoloxía de servizos e programas obxecto de convenio atópanse:
- Servizos residenciais para a inclusión social.
- Centros non residenciais de inclusión social.
- Programas de acompañamento e outras actuacións para a inclusión, inclúense aquí programas desenvolvidos polas entidades de iniciativa social que veñen a colaborar cos servizos sociais municipais, no desenvolvemento de prestacións básicas como:
- Acompañamento social.
- Información, orientación e apoio, así como mediación ou intermediación, en relación con recursos e servizos doutros sistemas e
- Información, orientación e apoio, así como mediación ou intermediación, con espazos de socialización.

Os obxectivos destas subvencións responden tanto o fomento dunha actividade de utilidade pública ou interese social, como a promoción dunha finalidade pública.

INFORMACION:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Enderezo: Rúa Isaac Díaz Pardo, 2-4 (Zona Galeras)
Tel.: 981 542 465
Fax: 981 542 484
Correo: ssociais@santiagodecompostela.gal

2.- Casa das Asociacións de Benestar Social - CABES
É un equipamento público do Concello de Santiago de Compostela, adscrito a Servizos Sociais e configúrase como un centro municipal de xestión directa que proporciona os recursos e servizos necesarios para impulsar a participación social, fomentar o asociacionismo e a coordinación inter asociativa, co fin de acadar un maior nivel de benestar social.

Colaboración no financiamento, e apoio técnico, para o desenvolvemento de actividades das entidades de iniciativa social e ONGs

Apoio ao voluntariado: formación e traballo en rede

Normativa municipal reguladora:
- Ordenanza reguladora do funcionamento da Casa das Asociacións de Benestar Social - CABES

- Aprobación das bases e convocatoria para o outorgamento de autorización de cesión de espazos e recursos da Casa das Asociacións de Benestar Social do Concello de Santiago de Compostela a entidades ou asociacións de Santiago de Compostela.

Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES)
Enderezo: Rúa Manuel María, 6 (Salgueiriños)
Tel.: 981 542 471
Correo: ssociais@santiagodecompostela.gal
cabes@santiagodecompostela.gal

3.- Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago De Compostela
A participación cidadá é un dos piares sobre os que se asenta a idea de democracia e tamén é, un dos medios a través dos cales a cidadanía xulga a acción dos seus gobernos. Supón recoñecer a pluralidade de pensamentos, opinións e visións dos asuntos e, contribúe ao desenvolvemento social, á construción do capital social, ao fomento da corresponsabilidade social, e á mellora da calidade dos servizos públicos. As vantaxes e beneficios que comporta a participación cidadá na toma de decisión, fanse mais evidentes no eido local, onde as organizacións sociais, os grupos locais, as familias, a cidadanía en definitiva, teñen o dereito e o deber, de esixir que se teñan en conta e se debatan as súas demandas, críticas e propostas.
O Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago de Compostela (en adiante o Consello) ten natureza de órgano colexiado, de carácter consultivo e de asesoramento aos diferentes órganos do Concello, no relativo o ámbito dá familia, benestar social, igualdade e emprego.
2. O Consello ten por finalidade:
a) Canalizar a participación da cidadanía a través das entidades, organizacións e institucións máis representativas nos sectores de actuación da Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego.
b) Promover e facilitar o intercambio e a posta en común co obxecto de propoñer solucións perante as novas necesidades xurdidas nestes ámbitos de actuación.
c) Promover o carácter integral das políticas nestas áreas de actuación e facilitar a súa coordinación e transversalidade.

INFORMACION:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Enderezo: Rúa Isaac Díaz Pardo, 2-4 (Zona Galeras)
Tel.: 981 542 465
Fax: 981 542 484
Correo: ssociais@santiagodecompostela.gal

Normativa municipal reguladora:
Regulamento de organización e funcionamento do Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago de Compostela

Solicítase en



Compartir: