Programa Municipal de Intervención Socioeducativa

Descrición

Concíbese como un servizo educativo e psicosocial de prevención e apoio personalizado, dirixido ás familias con menores -especialmente a aquelas que se atopen nunha situación de vulnerabilidade- e a toda a comunidade.

Ten como finalidade a promoción da autonomía familiar, o desenvolvemento integral das súas potencialidades e a súa participación activa como protagonistas do seu cambio, a partir dun proceso co-construído coas familias, as/os profesionais e os axentes da comunidade.

Dirixido a

Ás unidades familiares con menores ao seu cargo que presentan necesidades educativas, explícitas ou latentes, para afrontar factores de organización vital no seu contexto familiar, con risco de exclusión social ou pertenza a esta catalogación social, que desexen introducir cambios de tipo educativo–relacionais, que favorezan a súa inclusión social.

Dirixirse a

Punto de Atención de Servizos Sociais do Concello

Solicítase en



Compartir: