O Conto Viaxeiro

Descrición

Creación colectiva dun conto.

Obxectivos:
Contribuír ao achegamento dos nenos e nenas á literatura oral e escrita.
Crear espazos lúdicos que promovan a expresión e a expresividade en galego.
Estimular a creatividade artística.
Recoller un proceso creativo desde o principio ata final.
Obter unha ferramenta didáctica para o uso posterior nas aulas e/ou no ámbito familiar.
Promover o desenvolvemento de novas iniciativas educativas e culturais que empreguen os materiais do Conto viaxeiro.

Dirixido a

Nenas e nenos de primeiro e segundo ciclo de educación primaria.

Notas para o cidadán

Desenvolvemento:
A actividade, guiada por dous monitores, comporase de 10 sesións, cada unha delas cun grupo-aula diferente de nenos e nenas, nas que se irá construíndo e ilustrando unha historia en galego. Traballaranse os elementos compositivos do conto e as destrezas expresivas. Cada unha das sesións terá independencia e unidade en si mesma para traballar os obxectivos propostos.

Tomarase rexistro videográfico das sesións e recolleranse tamén os materiais que elaboren os nenos e nenas para a súa incorporación a unha bitácora onde se irá dando conta do avance da historia e se publicarán os materiais resultantes –o conto en si mesmo e as propostas didácticas para a súa reutilización.

Duración das sesión:
Unha hora e media cada unha

Datas e lugares:
Ofrecerase o calendario de sesións aos centros escolares co fin de que poidan formular as súas solicitudes, que se deberán presentar por grupos-aula.

Presentación de solicitudes:
Ficha de inscrición por correo electrónico ao Departamento de Lingua Galega.

Conto viaxeiro

Solicítase en

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: