Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego

Descrición

Convocatoria dun concurso ao que poden presentarse proxectos de campañas dirixidas a publicitar un establecemento comercial, hostaleiro ou empresarial, ou un grupo deles, do ámbito municipal de Santiago de Compostela. Os dous proxectos seleccionados recibirán cadanseu premio de 5.000 euros que deberán destinarse á súa execución, de acordo coas bases.

Obxectivos
Crear un novo incentivo para a galeguización da comunicación comercial.
Asociar a lingua galega a procesos de modernización e mellora.
Engadir valor ás iniciativas publicitarias das empresas comerciais e de hostalería do ámbito local.

Dirixido a

Profesionais do deseño e a publicidade.
Establecementos comerciais e de hostalería de Santiago de Compostela.

Notas para o cidadán

Inscrición e prazos
A presentación de proxectos debe facerse acompañada do formulario de inscrición, cumprindo as especificacións das bases e dentro do prazo que sinalan.

Bases e formulario
Concurso de proxectos de publicidade en galego

Solicítase en: Rexistro do Concello

Máis información:
- Departamento de Comercio
Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIA
Tel.: 981 542 493 // Fax: 981 542 492
Web: http://cersiaempresa.gal/

- Departamento de Lingua Galega do Concello.
Casa do Concello. Entrada pola Avda. de Raxoi, 1º andar.
15705 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 54 24 09
dlg@santiagodecompostela.gal www.facebook.com/concursodeproxectosdepublicidadeengalego www.facebook.com/linguagalegasantiagodecompostela

Solicítase en

Documentación



Compartir: