Convocatoria Nadal 2017

Descrición

A finais de ano, a través dos centros educativos, convócase un concurso de cartas de Nadal (dirixidas ao Reis, ao Apalpador, ao Papá Noel ou ao personaxe que cada neno ou nena decida)

Obxectivos:
- Promover que se utilice a lingua galega nunha actividade ilusionante e atractiva para os nenos e nenas.

- Favorecer a reflexión activa sobre os usos lingüísticos.

- Achegar unha proposta con posibilidades didácticas que vincule a casa e a escola.

A través de todos os centros educativos achégase a cada neno/a a convocatoria coa que se pretende motivalos para que, ademais de faceren o típico pedimento de agasallos, reflexionen sobre algúns aspectos que se vinculan co uso da lingua e escriban sobre eles.

Non se limita o formato nin as técnicas para ilustrar o texto. Acompañando o envío do material aos centros escolares, convídase ao profesorado a utilizar a proposta como recurso didáctico e a procurar asemade a implicación das familias.

Para a recollida das cartas repártense caixas de correo nos centros de ensino e tamén se colocan nalgúns lugares de acceso xeral.

As tres mellores cartas reciben cadanseu agasallo na cabalgata de Reis e todas as que indiquen os seus datos completos son respondidas polos personaxes do Nadal, xuntando tamén un pequeno galano sorpresa.

Dirixido a

Nenos e nenas entre das idades correspondentes á educación infantil e ao primeiro e segundo ciclo de primaria (aproximadamente ata os 10 anos).

Notas para o cidadán

Nota de prensa 2016 Nota de prensa 2015.
Nota de prensa 2014.
Nota de prensa 2013.
Nota de prensa 2012.
Convocatoria 2013.
Convocatoria 2012.

Solicítase en

Lingua galega
Enderezo: Pazo de Raxoi, entrada polo baixo da Travesía de Raxoi, 1º andar
Tel.: 981 542 409
Web: http://www.facebook.com/linguagalegasantiagodecompostela

Documentación



Compartir: