Reserva de 1 hora/semana nun polideportivo por persoas físicas

Descrición

Reserva das instalacións deportivas para uso libre, é dicir, partidos, xogos deportivos e práctica deportiva en xeral desenvolvida por persoas físicas e non profesionais.

Dirixido a

Persoas físicas e non profesionais que desexen reservar as instalacións deportivas municipais para prácticas deportivas.

Requirimentos

A reserva deberá realizarse cunha semana de antelación podendo facerse efectiva a partir das 9 horas da mañá de cada martes. En ningún caso, unha mesma persoa poderá reservar dúas horas na mesma semana, con independencia do sistema de reserva escollido.

FAQ

- Cómo acceder á carpeta cidadá?
Formas de acceso á carpeta cidadá
- Pode reservarse calquera hora?
O Departamento de Deportes do Concello de Santiago destina unha serie de horas que unicamente poderán reservarse vía on-line e outro paquete de horas que, de forma exclusiva, só poderán bloquearse de forma presencial ou telefónica.

Solicítase en

Departamento de Deportes
Enderezo: Avda. Fernando Casas Novoa, 20. Estadio Municipal Verónica Boquete, porta 1 (San Lázaro)
Tel.: 981 528 730
Fax: 981 528 737
Correo: Contactar co Concello
Web: http://deportes.santiagodecompostela.gal/gl
Horario: De luns a venres (agás festivos) de 9:00 a 14:00 h.

Preséntase en

A reserva da instalación pode facerse:
I. On-line, a través da carpeta cidadá
II. Presencial ou telefónicamente no Departamento de Deportes sito no Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 1. Avda. Fernando Casas Novoa, 20.
Tel.: 981 528 730 // Fax: 981 528 737

Tramítase en

Departamento de Deportes
Enderezo: Avda. Fernando Casas Novoa, 20. Estadio Municipal Verónica Boquete, porta 1 (San Lázaro)
Tel.: 981 528 730
Fax: 981 528 737
Correo: Contactar co Concello
Web: http://deportes.santiagodecompostela.gal/gl
Horario: De luns a venres (agás festivos) de 9:00 a 14:00 h.


Compartir: