Ocupación da vía pública para actividades

Descrición

Para a realización de actividades na vía pública que supoñen a ocupación do dominio público debe solicitarse autorización.

Dirixido a

Ós cidadáns que realicen unha ocupación puntual da vía pública para a realización dunha actividade.

Requirimentos

- Cumprimentar o modelo de solicitude.
- Achegar a documentación que proceda.

Documentación necesaria

Ver impreso de solicitude.

Notas para o cidadán

Deberán presentarse, xunto coa solicitude, as declaracións responsables que procedan: declaración responsable da asociación, agrupación, comisión de festas, promotora do evento e; a da empresa responsable da estructura, no caso de colocación de instalacións portátiles ou desmontables.

A Lei 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia indica no artigo 3f):
Instalacións portátiles ou desmontables: aquelas estruturas móbiles provisionais e eventuais ou aqueles recintos aptos para o desenvolvemento de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxo conxunto se encontre conformado por elementos desmontables ou portátiles constituídos por módulos ou compoñentes metálicos, de madeira ou de calquera outro material que permita operacións de montaxe ou desmontaxe sen necesidade de construír ou demoler algunha obra de fábrica.

Solicítase en

Atención á cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Tráfico
Enderezo: Pazo de Raxoi, baixo. Entrada pola rúa Costa do Cristo.
Tel.: 981 542321
Fax: 981 542338
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9 a 14 horas.

Documentación

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: