Tarxetas de acceso a zona monumental

Descrición

Son autorizacións expedidas polo Concello para que os cidadáns que cumpran os requisitos de residencia, razóns comerciais ou asistenciais poidan acceder a determinadas rúas da zona monumental ou estacionar nos horarios delimitados na zona que lle corresponda.

Nas rúas con entradas reguladas por bolardos electrónicos o acceso realizarase con tarxeta magnética.

Documentación necesaria

A que figura no impreso de solicitude.

Información sobre o custo

Ordenanza fiscal municipal: Ordenanza fiscal 3.07 reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos

Solicítase en

Atención á cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Tráfico
Enderezo: Pazo de Raxoi, baixo. Entrada pola rúa Costa do Cristo.
Tel.: 981 542321
Fax: 981 542338
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9 a 14 horas.

Documentación

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: