Celebración de matrimonios civís

Descrición

Trámite para a celebración de vodas civís no Concello de Santiago de Compostela.

Dirixido a

Persoas que desexen celebrar matrimonio civil no Concello de Santiago de Compostela

Requirimentos

Para celebrar matrimonio civil no Concello de Santiago de Compostela deberá:

  1. Tramitar a solicitude no Rexistro Civil que corresponda ao lugar de empadroamento dalgún dos contraentes. No Rexistro Civil indicaranlles a documentación que deben aportar para iniciar a tramitación.
    (Os datos do Rexistro Civil de Santiago de Compostela son: Edificio dos Xulgados, rúa Viena 2-baixo. C.P.15771. Teléfono 981540369. Fax 981540372).
  2. Solicitar a reserva de data de celebración no Concello de Santiago de Compostela.
    As reservas de data e hora faranse por rigoroso orde de solicitude e o seu outorgamento quedará supeditado ás necesidades propias do Concello respecto ao uso do Salón Vermello (teléfono de contacto: 981 542 326)
  3. .

Documentación necesaria

  • Copia da súa solicitude ante o Rexistro Civil, con selo de entrada do mesmo.
  • Modelo de solicitude que se lle entregará no Servizo de Atención ao Cidadán (rúa Presidente Salvador Allende, 4- baixo), cos datos dos contraentes, data e hora elixida para a celebración do matrimonio, e os datos das dúas persoas que actuarán como testemuñas da cerimonia (nome, DNI e residencia; teñen que ser maiores de idade e poden ser ambos familiares).
  • Xustificación do pagamento da taxa pola celebración de matrimonio civil:
    • Pode liquidar os tributos a través da Carpeta Cidadá ou na Oficina Municipal de Atención ao Contribuínte (rúa Presidente Salvador Allende 4 baixo).
    • O pagamento efectuarase nas entidades bancarias autorizadas (figuran no documento de liquidación) ou no sitio Pago en Liña desta páxina web.

    Notas para o cidadán

    1. Na data e hora sinalada realizarase a celebración do matrimonio no Salón Vermello.
    2. Permitirase a colocación de adornos florais e actuacións musicais no Salón, sempre que non causen danos.
      Dende o inicio e durante a cerimonia poderán realizarse reportaxes fotográficas ou gravacións de vídeo.
      A duración da cerimonia é de aproximadamente 15 y 20 minutos.
    3. Durante o tempo da cerimonia unicamente os vehículos dos contraentes (2) terán reservado un espazo de aparcamento preto da Casa Consistorial, no lugar que lle indique o persoal do Concello.
    4. A celebración farase en galego ou castelán, segundo elección dos contraentes.
    5. Celebrado o matrimonio, o Concello de Santiago de Compostela remitirá o acta de matrimonio ao Rexistro Civil de Santiago de Compostela para a súa inscrición, o cal expedirá o correspondente Libro de Familia.

    Información sobre o custo

    Normativa municipal reguladora: Ordenanza fiscal 3.28 relugalora da taxa pola prestación de servizos municipais asociados á celebración de matrimonios civís no Pazo de Raxoi.

    Solicítase en

    Atención á Cidadanía
    Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
    Tel.: 981 543 128
    Fax: 981 543 129
    Correo: Contactar co Concello
    Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
    Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.

    Preséntase en

    Rexistro Xeral
    Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
    Tel.: 981 543 122
    Fax: 981 543 133
    Correo: Contactar co Concello
    Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
    Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
    Rexistro Auxiliar do Ensanche
    Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
    Tel.: 981 543 001
    Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
    Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

    O Rexistro auxiliar do Ensanche permanecerá pechado o día 22 de outubro de 2019 e os días 28, 29, 30 e 31 de outubro de 2019.
    Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

    Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

    Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

    Tramítase en

    Alcaldía
    Enderezo: Praza do Obradoiro, 1-1º andar
    Tel.: 981 542 357
    Fax: 981 563 864
    Correo: Contactar co Concello

    Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: