Obradoiro de fotografía dixital

Descrición

Obxectivos
Coñecer a cámara dixital e tirar partido ao máximo das súas características.
Adquirir coñecementos básicos dos programas informáticos de
retoque fotográfico.
Explorar as posibilidades creativas da cámara dixital.

Contidos
Iniciación á cámara dixital: compoñentes e uso
Arquivos informáticos de descarga de imaxes
Programas informáticos de retoque de imaxes
Traballo con capas
Edición creativa e fotomontaxe

Metodoloxía
O curso esixe a disposición dunha cámara dixital por cada participante, preferiblemente a cámara propia. Este taller esixirá dispoñer dunha aula de informática con ordenadores equipados con programas de tratamento de imaxe. O material poderá ser empregado nunha exposición a organizar ao final do curso.

Sesións
Dúas horas por semana, con posibilidades de ampliación de horas.

Destinatarios/as
Alumnado de secundaria.

Solicítase en

Mocidade
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16
Tel.: 981 543 001
Fax: 981 543 002
Correo: Contactar co Concello
Web: https://www.facebook.com/pages/Conceller%C3%ADa-de-Xuventude-de-Santiago-de-Compostela/151484694905798
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.


Compartir: