Servizo de axuda no fogar

Descrición

É un servizo público de carácter local, para prestar atencións carácter persoal, doméstico e complementarias na realización das actividades básicas da vida diaria ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual.

Notas para o cidadán

Normativa municipal reguladora:
Ordenanza reguladora do servizo municipal de axuda no fogar do Concello de Santiago de Compostela

3.30 Taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar

Outros enderezos de interés:
Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar: http://traballoebenestar.xunta.es/
Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad: www.msssi.gob.es/

Solicítase en

Puntos de atención de Servizos Sociais do Concello-PASS
Cita previa: 981 542 465


Compartir: