Apoio a proxectos das asociacións xuvenís e educativas

Descrición

Abriuse unha liña estable de apoio económico e material para a mocidade, que permitirá ano a ano desenvolver iniciativas ao abeiro desta iniciativa. A súa periodicidade anual posibilita ás asociacións prever uns recursos para executar as actividades previstas, xunto ao deseño e a creación de novas iniciativas.

Obxectivos
Promover e apoiar a realización de programas e actividades educativas e culturais que impulsen a mellora da calidade educativa e a dinamización cultural nos centros de ensino da cidade.
Potenciar proxectos e actividades na liña da renovación pedagóxica que impliquen á comunidade educativa e vinculen educación, cultura e valores no ámbito da cidade.
Atender á realización de propostas educativas e á creación de instrumentos e materiais didácticos sobre a cidade ou que desenvolvan eixos transversais a partir da realidade social de Santiago de Compostela.
Promover e apoiar iniciativas que no ámbito da mocidade de Compostela se produzan nos centros de ensino e nos colectivos e asociacións.

Actividades obxecto de subvención
Coñecemento da cidade e o seu contorno.
Actividades relacionadas cos temas transversais.
Publicacións periódicas (revistas, boletíns…) de centro ou de colectivos xuvenís e edición de materiais didácticos.
Novas tecnoloxías e redes telemáticas.
Integración do alumnado con eivas.
Actividades extraescolares de animación cultural e educación no tempo libre.
Promoción da lingua galega.

Organiza
Departamento de Educación e Mocidade.

Datos técnicos
A quen van dirixidas:
Aos centros de educación secundaria públicos e privados concertados do concello de Santiago.
Ás asociacións de nais e pais do alumnado do concello de Santiago.
Ás asociacións xuvenís e colectivos de mozos e mozas da cidade.
Información: Departamento de Educación e Mocidade
Tfno.: 981 554 400 / 554 401. Fax: 981 571 511

Solicítase en

Mocidade
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16
Tel.: 981 543 001
Fax: 981 543 002
Correo: Contactar co Concello
Web: https://www.facebook.com/pages/Conceller%C3%ADa-de-Xuventude-de-Santiago-de-Compostela/151484694905798
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.


Compartir: