Programa de audicións de rock en galego

Descrición

Con este programa ofréceselles aos centros de ensino secundario da cidade, desde o Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago e a Asociación de Músicos en Lingua Galega (AMELGA), unha actividade de audición dunha das manifestacións culturais básicas da mocidade: a música rock en galego. Abordarase a súa historia e cada un dos estilos e tendencias que apareceron nos últimos tempos (Hard-core, Folk-rock, Punk…) Tamén se pretende que a través da presencia de AMELGA, colectivo de músicos da nosa
cidade e comarca, entremos en coñecemento de formacións musicais nas que o alumnado participa, primeiro paso para realizar algún programa de promoción futura desta actividade cultural.

Obxectivos
Dar a coñecer a historia do rock feito en galego como unha das manifestacións culturais da mocidade.
Contribuír á normalización lingüística da mocidade póndoos en contacto con moitos e variados estilos musicais.
Estimular o emprego do galego na música por parte de grupos novos.
Contactar cos grupos existentes nos institutos para dalos a coñecer.

Contidos
1. Qué se entende por música galega / Situación e problemática do Rock en galego / Os antecedentes.
2. Grupos: Os Resentidos / O Caimán do Río Tea / Xenreira /
Diplomáticos de Montealto / Radio Oceáno / Herdeiros da Crus /Rastreros / Nabarraca / Zënzar / Korosidansas / Yellow Pixoliñas / Skornabois / Fame Neghra / Nicho Varullo / Papaqueixos / Ruxe Ruxe / Nen@s da Revolta / Psicofónica de Conxo.
3. Novos Valores / Futuro do rock en galego.

Metodoloxía
A duración aproximada da audición comentada será de unha hora, alternando audicións e contextualizacións dos temas dos grupos. Estarían impartidas as sesións por Xosé Bocixa, do grupo Zënzar de Cerceda, un dos expoñentes desta música e traballador da Radio Municipal de Cerceda, e Branca Fernández, do grupo de pandeireteiras Liñaceira.

Material
Un equipo de alta fidelidade con reproductor de CD a aportar polo centro.

Inscrición
Forma de inscrición: mediante o impreso correspondente.
Enviar por fax ou correo electrónico.
Información: Departamento de Educación e Mocidade
Tfno.: 981 554 400 / 554 401. Fax: 981 571 511

Solicítase en

Mocidade
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16
Tel.: 981 542 457
Correo: Contactar co Concello
Web: https://www.facebook.com/pages/Conceller%C3%ADa-de-Xuventude-de-Santiago-de-Compostela/151484694905798
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.


Compartir: