Campaña de promoción do asociacionismo e o voluntariado

Descrición

Para promover a participación activa de mozos e mozas de Compostela nas diferentes asociacións da cidade, realizaranse unha serie de sesións informativas nos institutos a cargo de persoas vinculadas aos colectivos de acción social.

Obxectivos
Achegar aos mozos e mozas da cidade á realidade asociativa existente.
Promover a constitución de novas asociacións entre a mocidade.
Dar a coñecer as canles de apoio legal, económico ou de viabilidade ás iniciativas xuvenís existentes ou a outras novas que xurdan no colectivo xuvenil.
Estimular a visión positiva que para unha comunidade ten a existencia da acción voluntaria.
Coñecer distintas experiencias de acción voluntaria.

Metodoloxía
As asociacións e ONGs inscritas no programa realizarán unha serie de visitas polos centros de ensino no que expoñerán as súas liñas de acción, programas en marcha e vías abertas para a colaboración da mocidade.
En cada instituto instalarase un posto informativo atendido por membros destas ONGDs que repartirán material informativo e promoverán entre os mozos e mozas o achegamento ás organizacións e proxectos solidarios e de voluntariado en marcha.

Organiza
Departamento de Educación e Mocidade, Cruz Vermella Xuventude, Oficina de Voluntariado da Universidade de Santiago e Escola de Tempo Libre Don Bosco.

Inscrición
Forma de inscrición: mediante o impreso correspondente.
Enviar por fax ou correo electrónico.
Datas de realización: inicio en xaneiro 2005.
Información: Departamento de Educación e Mocidade
Tfno.: 981 554 400 / 554 401. Fax: 981 571 511

Solicítase en

Mocidade
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16
Tel.: 981 543 001
Fax: 981 543 002
Correo: Contactar co Concello
Web: https://www.facebook.com/pages/Conceller%C3%ADa-de-Xuventude-de-Santiago-de-Compostela/151484694905798
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.


Compartir: