Formación en xénero e práctica educativa

Descrición

O sistema educativo debe de ser un instrumento fundamental para corrixir as desigualdades sociais que se producen por razón de sexo, contribuíndo así a facer realidade os principios constitucionais e lexislativos, a través da coeducación.

Obxectivos
Reflexionar sobre a práctica docente a respecto de educación na igualdade de oportunidades.
Contribuír á prevención e á erradicación da violencia de xénero no contexto escolar.
Promover o cambio e a revisión de concepcións estereotipadas que manteñen a violencia de xénero entre os escolares.

Contidos
– Os estereotipos de xénero.
– A importancia da comunicación verbal e non verbal na relación educativa.
– Análise de materiais dende a perspectiva non sexista.

Recursos
– Intervención non sexista nos contextos escolares.
– Prevención da violencia de xénero no contorno escolar.

Organiza
Departamento de Educación e Mocidade e Asociación Socio-
Pedagóxica Galega (ASPG).

Datos técnicos
Destinatarios: profesores/as dos centros de ensino de Santiago e comarca.
Datas de realización: 2º trimestre do curso (xaneiro-marzo).
Horario: tardes (a concretar).
Quen fai a actividade: ASPG

Inscrición
Forma de inscrición: mediante o impreso correspondente. Enviar por fax ou correo electrónico.
Información: Departamento de Educación e Mocidade
Tfnos.: 981 554 400 / 554 401. Fax: 981 571 511

Solicítase en

Mocidade
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16
Tel.: 981 543 001
Fax: 981 543 002
Correo: Contactar co Concello
Web: https://www.facebook.com/pages/Conceller%C3%ADa-de-Xuventude-de-Santiago-de-Compostela/151484694905798
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.


Compartir: