Programa de promoción da fotografía

Descrición

Son moitas as cualidades didácticas da fotografía, entre as que queremos salientar as referidas á imaxe como un elemento fundamental da nosa cultura que nos permite comprender mellor o mundo no que vivimos, a capacidade de integrar coñecementos teóricos de diversas disciplinas, así como a posibilidade de integrar elementos educativos, práctica tecnolóxica, destrezas manuais, sensibilidade artística e creatividade, entre outros.
Neste senso, tentamos desenvolver proxectos de innovación educativa a través da organización dun programa de actividades para promover a fotografía como elemento creativo e de comunicación, a través de accións de promoción, difusión, exposición e formación sobre a fotografía.

Obxectivos
Estimular a sensibilidade fotográfica de profesores/as, estudantes e mocidade compostelá en xeral.
Potenciar o manexo e manipulación da cámara fotográfica.
Iniciación e perfeccionamento nas técnicas fotográficas.

Cursos de iniciación á fotografía dixital
Durante este curso temos previsto a realización de varios cursos de iniciación a fotografía dixital, uns dirixidos específicamente ao profesorado e outros a todas aquelas persoas interesadas no tema, fundamentalmente familias.

Obxectivos
Coñecer a cámara dixital e aproveitar ao máximo as súas características e funcións.
Adquirir coñecementos básicos dos programas informáticos de
retoque fotográfico.
Explorar as posibilidades creativas da fotografía.

Contidos
Iniciación á cámara dixital: compoñentes e uso
Arquivos informáticos de descarga de imaxes
Programas informáticos de retoque de imaxes
Edición creativa e fotomontaxe

Organiza
Departamento de Educación e Mocidade, Escola de Artes e
Oficios Mestre Mateo e IES Arcebispo Xelmírez 1.

Solicítase en

Educación
Enderezo: Avenida Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIA
Tel.: 981 554 400 / 981 554 401
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.


Compartir: