Sistema de concesión de obra urbanizadora

Descrición

A aplicación deste sistema poderá ser acordada de oficio ou por iniciativa de calquera persoa sen que sexa preciso que sexa propietaria do solo en ámbito da unidade de actuación, unha vez que teñan transcorrido dous anos, contados dende a aprobación definitiva do planeamento detallado que ordene o polígono.

Cando a iniciativa sexa pública, o municipio aprobará as bases que rexerán o concurso para a selección de ofertas, que incluirán como mínimo:

  • Proposición xurídico-económica que deberá incluír os compromisos adquiridos voluntariamente polo promotor da iniciativa.
  • Garantías financeiras e reais.
  • Prazos de inicio e conclusión das obras de urbanización e, de ser o caso, de edificación.
  • Cláusulas penais previstas para o suposto de incumprimento.
  • Condicións económicas dirixidas aos propietarios do solo, que incluirán a oferta de compra de terreos, por prezo determinado, e a oferta de incorporación ao proceso urbanizador, especificando a retribución que corresponda ao urbanizador en terreos edificables ou en metálico a través das cotas de urbanización.
  • Anteproxecto de urbanización detallado, que permita avaliar correctamente as calidades e as ofertas económicas presentadas, así como as cesións e compensacións que considere oportunas superiores ás previstas na Lei.

Presentada a iniciativa, o Concello no prazo de dous meses, poderá desestimala por causas xustificadas, incluídas as referidas ao exercicio da potestade de planeamento.

Cando a iniciativa sexa privada, procederase a tramitar un procedemento de concorrencia, coas seguintes particularidades:

  • Durante o período de información pública, que non poderá ser inferior a un mes, poderán ser presentadas melloras ou alternativas á iniciativa formulada.
  • O Pleno da Corporación elixirá entre as proposicións presentadas, a que considere máis axeitada aos intereses públicos, outorgando o título concesional no que figurarán as cláusulas, obrigacións e dereitos do concesionario.
  • Os propietarios que rexeiten a oferta de compra e de incorporación ao proceso urbanizador serán expropiados e os terreos, obxecto de urxente ocupación.

Procedemento para a aprobación de proxectos de urbanización

  • Aprobación inicial polo órgano municipal competente (Xunta de Goberno Local)
  • Información pública por un período mínimo de 20 días mediante anuncios que se inserirán no Boletín Oficial da Provincia e nun dos xornais de maior circulación na provincia.
  • Aprobación definitiva polo órgano municipal competente (Xunta de Goberno Local)
  • Publicación do acordo de aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia.

Tramítase en

Servizos urbanísticos: Planeamento urbanístico
Enderezo: Praza do Obradoiro, 1-2º andar
Tel.: 981 542 426
Fax: 981 542 427
Correo: Contactar co Concello
Horario: O persoal técnico atende ao público previa cita (teléfono: 981 542 420).


Compartir: