Sistema de concerto

Descrición

Este sistema pódese utilizar cando todos os terreos do polígono, excepto os de uso e dominio público, pertenzan a un único propietario, ou ben, cando todos os propietarios do polígono garanten solidariamente a actuación, asumindo o papel de urbanizador.

A execución deste sistema pode realizarse:
  • Mediante a constitución en escritura pública por todos os propietarios dunha entidade urbanística de xestión, que terá natureza administrativa e duración limitada á da actuación, agás que asuma tamén a conservación da urbanización realizada. Para estes efectos a escritura conterá os estatutos polos que se rexerá a entidade e unha proposta de equidistribución.
  • A través de sociedade mercantil constituída para tal efecto, sempre que no seu capital participen todos os propietarios. Os propietarios deberán achegar á sociedade a totalidade dos terreos, edificacións e construcións. O municipio estará representado, como mínimo, por un concelleiro ou administrador que terá dereito de veto suspensivo sobre calquera acordo social.
  • Directamente por propietario único.
A tramitación da proposta de equidistribución presentada será idéntica á da reparcelación voluntaria.

Tramítase en

Servizos urbanísticos: Planeamento urbanístico
Enderezo: Praza do Obradoiro, 1-2º andar
Tel.: 981 542 426
Fax: 981 542 427
Correo: Contactar co Concello
Horario: O persoal técnico atende ao público previa cita (teléfono: 981 542 420).


Compartir: