Sistemas de actuación

Descrición

Os polígonos xestionaranse polo sistema de actuación que a administración determine en cada un. A aprobación da delimitación dun polígono implica, sen necesidade de declaración expresa, a suspensión do outorgamento de licenza de parcelación e edificación no ámbito do polígono, así como o inicio do procedemento de equidistribución de beneficios e cargas.

Distinguimos entre sistemas de actuación directos e indirectos:

1.Directos
-Cooperación
-Expropiación

2.Indirectos (a actuación queda reservada aos particulares)
-Concerto
-Compensación
-Concesión de obra urbanizadora.

Correspóndelle ao municipio elixir o sistema de actuación aplicable tendo en conta as características e complexidades da iniciativa que se vai desenvolver, os medios cos que conta, a colaboración da iniciativa privada e calquera outra circunstancia que concorra.

O sistema deberá de estar contido no planeamento que efectúe a ordenación detallada do ámbito.

O sistema pode modificarse de oficio ou a instancia de parte, logo de información pública por prazo de 20 días, mediante anuncio que se inserirá no Boletín Oficial da Provincia e notificación individualizada aos propietarios afectados.

Cando se tivese fixado un sistema de xestión indirecta e non se executara conforme aos prazos ou plans de etapas establecidas, ou transcorrera máis dun ano dende a aprobación definitiva do planeamento urbanístico detallado sen que se tivera iniciado o proceso de desenvolvemento e execución, ou se incumprise a obrigación de urbanizar, o Concello poderá substituír o sistema de actuación, seguindo o procedemento establecido anteriormente.

Tramítase en

Servizos urbanísticos: Planeamento urbanístico
Enderezo: Praza do Obradoiro, 1-2º andar
Tel.: 981 542 426
Fax: 981 542 427
Correo: Contactar co Concello
Horario: O persoal técnico atende ao público previa cita (teléfono: 981 542 420).


Compartir: