Procedemento de aprobación dos plans especiais de protección, rehabilitación e mellora do medio rural

Descrición

A formulación correspóndelle ao Concello ou ao conselleiro competente en materia de Urbanismo e Ordenación do territorio.

No caso de que se formule pola Comunidade autónoma, será preceptiva a audiencia aos concellos afectados, polo prazo dun mes. A información pública será polo prazo mínimo dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de maior circulación no ámbito da Comunidade autónoma.

No caso de que a formulación a faga o Concello a competencia para aprobación inicial do plan correspóndelle á Xunta de Goberno Local.
  • A información pública será polo prazo mínimo dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de maior circulación na provincia.
  • Solicitaranse dos organismos competentes, aqueles informes que sexan preceptivos, así como aqueles outros que se xulguen necesarios para resolver.
  • Notificación individual aos propietarios de terreos afectados.
  • Informe dos servizos técnicos e xurídicos municipais, antes da aprobación provisional.
  • Informe da consellaría competente en materia de Medio ambiente, no caso de plans especiais de protección, rehabilitación e mellora do medio rural que afecten a terreos clasificados como solo rústico.
  • Rematado o trámite de información pública a aprobación provisional correspóndelle ao Pleno do Concello.
  • Aprobado provisionalmente o plan, remitirase o expediente completo e debidamente dilixenciado á Consellaría competente e materia de Urbanismo e Ordenación do territorio e solicitarase informe preceptivo da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, que deberá ser emitido no prazo de 3 meses. Transcorrido este prazo poderán proseguirse as actuacións e o conselleiro competente disporá de dous meses para a aprobación definitiva do plan.
  • Transcorridos cinco meses dende a entrada do expediente na Consellaría sen que se notificase resolución expresa, entenderase denegada a aprobación do expediente por aplicación do silencio administrativo.
  • Os concellos poderán solicitar do Consello da Xunta a delegación da competencia de aprobación definitiva dos plans especiais de protección, rehabilitación e mellora do medio rural, formulados polo concello, sempre e cando estes conten con planeamento xeral aprobado, servizos técnicos, xurídicos e administrativos axeitados e exercesen competencias urbanísticas de acordo cos principios de colaboración, coordinación, asistencia activa e información entre a administración municipal e a autonómica.

  • Pódese consultar o cadro coas Clases de plan e competencias de Concello e Comunidade autónoma

Publicación e entrada en vigor dos plans

A eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor dos plans urbanísticos queda supeditada aos seguintes requisitos:
  • Cando a aprobación definitiva lle corresponda ao Concello, este deberá comunicar o acordo de aprobación definitiva á Consellaría competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, así como remitir unha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente.
  • Publicación do acto de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.
  • Publicación da normativa e ordenanzas no Boletín Oficial da Provincia.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

O Rexistro Auxiliar do Ensanche permanecerá pechado dende o día 19 de agosto de 2019 ata o día 6 de setembro de 2019, ámbolos dous incluidos.
Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Servizos urbanísticos: Planeamento urbanístico
Enderezo: Praza do Obradoiro, 1-2º andar
Tel.: 981 542 426
Fax: 981 542 427
Correo: Contactar co Concello
Horario: O persoal técnico atende ao público previa cita (teléfono: 981 542 420).


Compartir: