Programa de desenvolvemento integral do colectivo xitano de Santiago de Compostela

Descrición

O Programa de desenvolvemento integral do colectivo xitano presenta actuacións específicas de inclusión con esta comunidade, vertebradas a partir de tres eixos:

• Fomento da participación e a convivencia social (vivenda e saúde).
• Fomento da calidade dos procesos escolares (educación e acceso a servizos normalizados).
• Fomento da igualdade de oportunidades (participación social, inserción e emprego).

Estes eixos articúlanse en diversos itinerarios de inserción individualizados, elaborados para desenvolver o programa, coa finalidade de promover a inserción social e laboral das persoas beneficiarias. Búscase priorizar as actuacións con aquelas persoas e/ou unidades familiares que presenten maiores carencias sociais e unha maior situación de desigualdade fronte ao conxunto da poboación, fomentando o seu acceso e uso normalizado dos sistemas de benestar social (especialmente vivenda, educación, saúde e servizos e prestacións sociais).
O Programa de desenvolvemento integral do colectivo xitano está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, obxectivo temático de promoción da igualdade, a saúde e a inclusión social, para promover o desenvolvemento social integral do colectivo xitano a través da intervención social, educativa, e do traballo en rede coas organizacións sociais, co obxectivo de fomentar a igualdade de oportunidades como eixe favorecedor de inclusión social, especialmente no relativo á súa inserción social e laboral, desenvolvendo procesos individualizados e integrais de inserción desde unha perspectiva ligada ás potencialidades do territorio e ao seu tecido social e produtivo.

Solicítase en

Puntos de Atención de Servizos Sociais do Concello – PASS
Cita Previa: 981 542 465
Correo: ssociais@santiagodecompostela.gal


Compartir: