Tarxeta de bonificación de transporte urbano (bonobús)

Descrición

Expedición de tarxeta magnética personalizada cargada con 720 viaxes gratuitas anuais.

Para a obtención desta tarxeta é requisito imprescindible estar empadroado no Concello de Santiago de Compostela e estar nun dos seguintes supostos:
- ter 65 anos cumpridos
- pensionistas menores de 65 anos
- persoas con discapacidade
- carencia de recursos.

Documentación necesaria

Común a todas as modalidades:
-Dúas fotografías actuais tamaño carné.
-Copia do DNI.

Xubilados, pensionistas menores de 65 anos e persoas con discapacidade:
-Copia do documento que acredite esta condición.
-Xustificante de pago da taxa establecida.

Carencia de recursos:
-Certificado de convivencia.
-Copia da tarxeta de demandante de emprego.
-Xustificante de ingresos da unidade familiar.

Notas para o cidadán

As tarxetas recárganse automáticamente ao longo do mes de xaneiro. Neste mes, ao pasar a tarxeta pola canceladora do autobús, o programa informático borra as viaxes que queden do ano anterior e a recarga coas 720 viaxes para o ano en curso.

Información sobre o custo

Ordenanza fiscal municipal: Ordenanza fiscal 3.07 reguladora da taxa pola expedición de documento administrativo.

Solicítase en

Atención á cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Servizos comunitarios
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende n. 6-8 baixo
Tel.: 981 542 324
Fax: 981 542 304
Correo: Contactar co Concello

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: