Expropiacións. Procedemento de ocupación directa

Descrición

Enténdese por ocupación directa a obtención de terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas locais mediante o recoñecemento ao seu titular do dereito ao aproveitamento no polígono ao que se vincule.

Requirimentos

A ocupación directa require que estea aprobada a ordenación pormenorizada, tanto dos terreos que se van ocupar, con determinación do aproveitamento que lles corresponda aos seus propietarios, como do polígono no que se vaian integrar.

Notas para o cidadán

A aplicación desta modalidade de obtención de terreos dotacionais deberase axustar ás disposicións regulamentarias que se diten e en todo caso ás seguintes regras:
  • A administración actuante publicará no Boletín Oficial da Provincia a relación dos terreos e propietarios afectados, aproveitamentos urbanísticos correspondentes a cada un destes e polígonos onde deberán facer efectivos os seus dereitos. De modo simultáneo notificaráselles ós propietarios e titulares de dereitos de contido económico sobre os terreos a ocupación prevista e o resto de circunstancias concorrentes.
  • Abrirase un período de información pública durante un prazo de 20 días para efectuar alegacións. Simultaneamente solicitaráselle certificación de dominio e cargas ao Rexistro da Propiedade, así como a práctica dos asentos que procedan.
  • A ocupación só poderá levarse a cabo transcorrido o prazo de 20 días contado desde a notificación ou publicación, levantándose acta, na que se fará constar, polo menos:
    • Lugar e data de outorgamento e determinación da administración actuante.
    • Identificación dos titulares dos terreos que se van ocupar ou de dereitos sobre estes e a súa situación rexistral.
    • Superficie que se vai ocupar e aproveitamento urbanístico que lle corresponda.
    • Polígono onde se fará efectivo este aproveitamento.
  • No caso de propietarios descoñecidos, non comparecentes, incapacitados, sen persoa que os represente ou cando se trate de propiedade litixiosa, as actuacións sinaladas practicaranse coa intervención do Ministerio Fiscal.
  • O Concello expedirá a favor de cada un dos propietarios de terreos ocupados, certificación dos extremos sinalados anteriormente.
  • Copia da certificación, xunto co correspondente plano, remitiráselle ao Rexistro da Propiedade para inscribir a superficie ocupada a favor da Administración, nos termos que resulten da lexislación estatal aplicable.
  • Transcorridos 4 anos sen que se procedese á execución do planeamento no polígono onde os propietarios fosen integrados, estes terán dereito a esixir da administración que se inicie o expediente expropiatorio dos seus terreos.
  • Os propietarios e titulares de dereitos de contido patrimonial afectados polas ocupacións terán dereito a ser indemnizados nos termos establecidos na lexislación estatal sobre expropiación forzosa que resulte aplicable, polo período que medie desde a ocupación ata a aprobación definitiva do instrumento de equidistribución.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Expropiacións
Enderezo: Praza do Obradoiro, 1-2º andar
Tel.: 981 542 425
Fax: 981 542 427
Correo: Contactar co Concello
Horario: O persoal técnico atende ao público previa cita (teléfono: 981 542 420).


Compartir: