Expropiacións. Procedemento de taxación conxunta

Descrición

Este procedemento permítelle á administración a ocupación dos bens e dereitos, obxecto da expropiación, logo da resolución aprobatoria do órgano competente.

Requirimentos

Require a formulación dun proxecto de expropiación que, cando menos, conterá os seguintes documentos:
  • Delimitación do ámbito territorial.
  • Descrición de bens e dereitos afectados.
  • Relación de titulares.
  • Fixación de prezos con valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.
  • Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, nas que se conterá o valor do solo, edificacións, obras, instalacións e plantacións.
  • Follas de prezo xusto que correspondan a outras indemnizacións.

Notas para o cidadán

A tramitación será a seguinte:
  • Aprobación do proxecto pola Xunta de Goberno Local.
  • Información pública polo prazo dun mes, mediante anuncios que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de maior circulación na provincia e no taboleiro de editos do Concello.
  • Notificación das taxacións individuais aos que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente. Traslado literal a folla de aprecio e proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación.
  • Resoltas as alegacións a aprobación corresponderalle á Xunta de Goberno Local
  • Notificación da resolución aprobatoria aos titulares de bens e dereitos que figuren no expediente, para que no prazo de 20 días manifesten por escrito a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado. Neste caso trasladarase o expediente e a folla de aprecio impugnada ao Xurado de Expropiación de Galicia para os efectos de fixar o prezo xusto.
  • No caso de que non formulen oposición á valoración, no prazo de 20 días, entenderase aceptada a establecida no acto aprobatorio do expediente entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade.
  • O acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados. O pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.
  • Notificación aos interesados da data para a realización da acta de pago e ocupación.
  • Realización das actas de pago e ocupación. O importe do prezo xusto consignarase na Caixa Xeral de Depósitos nos seguintes supostos:
    • Cando non asista ao acto de pagamento o propietario ou titular interesado, por si ou persoa que acredite fehacientemente a súa representación, ou cando rexeitase o prezo.
    • Se fosen varios interesados e non se puxesen de acordo sobre a cantidade que lle corresponde a cada un, ou exista litixio.
    • Cando compareza o Ministerio Fiscal e demais casos previstos polas leis.
  • Inscrición no Rexistro da Propiedade e no Catastro.
  • Envío do expediente ao Xurado de Expropiación de Galicia. A resolución do xurado comunicaráselle ao interesado e á administración e procederase ao pagamento do estipulado na resolución.
Os titulares de bens e dereitos afectados poderán solicitar da administración expropiante a súa exclusión, sempre que isto non dificulte os obxectivos da actuación e o propietario se comprometa a participar no proceso de execución do plan.

O órgano expropiante poderá, previa audiencia do propietario e información pública por prazo de vinte días mediante a inserción de anuncio no Diario Oficial de Galicia, acordar de oficio a exclusión sempre que se trate de terreos edificados destinados ao uso establecido polo plan que se executa, debendo fixar as condicións, termos e proporción no que o propietario haberá de vincularse á xestión urbanística.

No suposto de que a Administración considerase xustificada a petición de exclusión e que é posible acceder a ela, sinalaralle ó propietario dos bens afectados as condicións, termos e proporción nos que deberá vincularse á xestión urbanística. Fixaranse así mesmo, as garantías para o suposto de incumprimento.

Aceptadas polo propietario as condicións fixadas, o órgano expropiante, logo da apertura dun período de información pública de 20 días, ditará a correspondente resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Cando en terreos excluídos dunha expropiación sexa necesario facer posible o reparto de cargas e beneficios, utilizarase o procedemento da reparcelación voluntaria no que en ningún caso poderán incluírse bens ou dereitos non excluídos da expropiación.

En ningún caso se poderá acordar a exclusión se a expropiación vén motivada polo incumprimento de deberes urbanísticos.

O incumprimento dos deberes establecidos polos propietarios de bens e dereitos excluídos determinará a expropiación por incumprimento da función social da propiedade ou, de ser o caso, o exercicio da vía de constrinximento.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

O Rexistro auxiliar do Ensanche permanecerá pechado o día 22 de outubro de 2019 e os días 28, 29, 30 e 31 de outubro de 2019.
Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Expropiacións
Enderezo: Praza do Obradoiro, 1-2º andar
Tel.: 981 542 425
Fax: 981 542 427
Correo: Contactar co Concello
Horario: O persoal técnico atende ao público previa cita (teléfono: 981 542 420).


Compartir: