Cambio de domicilio dentro do ámbito municipal

Descrición

Comunicación do traslado dun domicilio a outro dentro do concello.

Requirimentos

Estar empadroado en Santiago.

Documentación necesaria

Requirimentos para solicitar o cambio de domicilio nas Oficinas do Padrón municipal. Presentar sempre documentos orixinais
  • Documento de Identidade (DI) do solicitante
  • As persoas estranxeiras, deberán achegar a tarxeta de residencia en vigor e pasaporte do país de procedencia, no suposto de cidadáns de estados membros da Unión Europea
  • NIE e pasaporte dos estranxeiros non europeos
  • No caso dos menores, achegarase o libro de familia, ou certificado de nacemento e o documento en que conste a garda e custodia do/a menor (se a houber). No caso de que se inscriba cun só proxenitor deberán asinar a alta os dous proxenitores e achegarán o DI de ambos. Se non poden asinar os dous proxenitores, quen realice a xestión deberá cubrir o impreso de declaración responsable para o cambio de domicilio do/a menor
  • Os/as maiores de 14 anos achegarán DI
  • Presentar un xustificante da propiedade do inmoble ou arrendamento (escritura de propiedade, recibo do IBI ou contrato de arrendamento actualizado)
  • No caso de non ser propietario nin titular do contrato de alugueiro da vivenda debe presentar autorización do propietario/a da vivenda ou, no seu caso, da persoa a nome de quen figura o contrato de alugueiro actualizado. Se o contrato non está actualizado deberá acompañalo dun recibo de pago do alugueiro do último mes. Deberá exhibirse DI orixinal da persoa autorizante.

Solicítase en

Padrón Municipal de Habitantes
Enderezo: Baixos de Raxoi (entrada pola rúa Raxoi)
Tel.: 981 542 318
Fax: 981 543 028
Correo: Contactar co Concello
Horario: de luns a venres (agás festivos), de 9.00 a 13.00 horas.

Preséntase en

Padrón Municipal de Habitantes
Enderezo: Baixos de Raxoi (entrada pola rúa Raxoi)
Tel.: 981 542 318
Fax: 981 543 028
Correo: Contactar co Concello
Horario: de luns a venres (agás festivos), de 9.00 a 13.00 horas.

Tramítase en

Padrón Municipal de Habitantes
Enderezo: Baixos de Raxoi (entrada pola rúa Raxoi)
Tel.: 981 542 318
Fax: 981 543 028
Correo: Contactar co Concello
Horario: de luns a venres (agás festivos), de 9.00 a 13.00 horas.

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: