Solicitude de inscrición no Rexistro municipal de asociacións

Descrición

Solicitude de inscrición no Rexistro municipal de asociacións.

Dirixido a

Asociacións con carácter social, deportivo, veciñal, da muller, persoas maiores, xuventude, etc.

Requirimentos

• Deben estar legalmente constituídas (inscritas no rexistro xeral de asociacións).
• Ter un funcionamento democrático.
• Non ter ánimo de lucro.
• Ter o seu domicilio social dentro do termo municipal de Santiago e desenvolver neste ámbito xeográfico as súas actividades.

Notas para o cidadán

Algunhas das vantaxes da inclusión no rexistro son:
• Participar na convocatoria de subvencións a asociacións que convoque o Concello.
• Acceder ao uso de medios públicos municipais (especialmente locais sociais).
• Sen prexuízo do dereito xeral de acceso á información municipal:
a. Recibirán, no seu enderezo, as convocatorias dos órganos colexiados municipais que celebren sesións públicas.
b. Recibirán copia de resolucións ou acordos municipais que afecten ao obxecto social da entidade.
c. Recibirán as publicacións que edite o Concello.

A Normativa de aplicación é a que segue:
• Regulamento municipal de participación cidadá (aprobado polo Pleno o 4 de decembro de 1998 e publicado no BOP de A Coruña o 9 de xaneiro de 1999.
• Lei 5/1997 da administración local de Galicia.

Os departamentos que parciticipan na súa tramitación son:
Secretaría Xeral do Pleno e Participación Cidadá.

Solicítase en

Atención á Cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

O Rexistro Auxiliar do Ensanche permanecerá pechado dende o día 19 de agosto de 2019 ata o día 6 de setembro de 2019, ámbolos dous incluidos.
Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Participación Cidadá
Enderezo: Casa das Asociacions de Cornes. Rua Manuel Beiras 3.
Tel.: 981 542350
Fax: 981 543 089
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: