Concesión de postos na praza de abastos

Descrición

Obtención da concesión de uso dun ou varios postos para o desempeño dunha actividade comercial dentro das permitidas no recinto.

Documentación necesaria

-Copia do DNI do solicitante.
-Escrito indicando a actividade á que se pretende destinar o posto.
-Informe favorable da empresa xestora.

Notas para o cidadán

De existir postos vacantes, posteriormente á adxudicación, o titular deberá acreditar a alta no epígrafe fiscal correspondente e na Seguridade Social, así como o ingreso das taxas correspondentes.

Trámite que se inicia de oficio, suxeito a un prazo de presentación de solicitudes segundo a convocatoria.

Solicítase en

Atención á Cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: Para atención presencial é preciso solicitar cita previa: 881505107 ou https://citaprevia.santiagodecompostela.gal
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.
Nesta oficina pode solicitar a información relativa ao trámite e recoller os impresos que se precisen.
A atención prestarase prioritariamente a traves dos canais:
- Telefónico: 981542300 - 981543128
- Correo electrónico: informacion@santiagodecompostela.gal

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: Para atención presencial é preciso solicitar cita previa: 881505107 ou https://citaprevia.santiagodecompostela.gal
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

Teléfono oficina: 981 543 122 // Fax: 981 543 133

Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Teléfono cita previa: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

O Rexistro Auxiliar do Ensanche permanecerá pechado os días 27, 28, 29 e 30 de outubro de 2020.

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

- Rexistro electrónico do Concello de Santiago en sede.santiagodecompostela.gal
- Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tramítase en

Servizos comunitarios
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende n. 6-8 baixo
Tel.: 981 542 324
Fax: 981 542 304
Correo: Contactar co Concello

Documentación

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: